O pasado día 20 de novembro ,José Lareo, pai dunha alumna de 2º de E. P diunos unha interesante charla sobre cogumelos. Coñecimos distintos tipos, comestibles, perigosas, velenosas... Vedes a cestiña da foto? fixérona para nós! ,e ben feitiña verdade?; puidemos ulir e tocar os cogumelos, coñecer dónde e como nacen, as súas partes, gusto e distintas maneiras de cociñálos. Tamén reparamos na importancia de non comer cogumelos descoñecidos e das precaucións que hai que tomar á hora de recollélos para evitar accidentes.
Moitas grazas Pepe; pasámolo moi ben contigo!!!