domingo, 11 de noviembre de 2012

MAGOSTO ´12



    Como xa é tradición no noso centro, este ano volveremos celebrar o tradicional Magosto. A festa terá lugar o día 16 de novembro. Todos disfrutaremos dunha xornada de convivencia e poderemos ver, cómo é o proceso de asar as castañas. Uns cursos farán traballos sobre o Magosto, outros escribirán  refráns ou poesías,  pero todos xuntos disfrutaremos dun día de convivencia aprendendo o importante que é  a castaña na nosa terra.
     Para que a festa sexa posible teredes que traer, ao longo desta semá, dúas ducias de castañas dentadas, xa que as asaremos todiñas no noso cole.

     E aquí vos deixo unhas cantigas sobre o magosto:

Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán hoxe a castañada


Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño,
tres castañas me deu
para ti, meu queridiño.