O día 3 de decembro os alumnos de 6ª EP asistirán a unha charla lúdica-pedagóxica impartida pola nai da alumna Ana Vázquez Ocampo, que nos virá a contar a súa experiencia como secretaria-interventora dun concello, e ao mesmo tempo, observar o desnvolvemento da preparación do Pleno Infantil que terá lugar o día 11 de decembro no concello/liceo de Betanzos. Entre outras informacións, amósanos e explícanos a Constitución Española do 27 de decembro de 1978 e a convención dos Dereitos do Neno.