NORMAS DE
CONVIVENCIA NO NOSO COLEXIO
Ø
Entrar e permanecer no Colexio é libre. Se
se permanece hai que acatar o seu Ideario e normas, considerando
que se encontran suficientemente difundidos entre familias e alumnos. Pregamos
e agradecemos a colaboración de todos no cumprimento destas medidas que
contribuirán a crear o clima de convivencia, cordialidade e cercanía que todos
desexamos.
Ø
Directora e Xefa de
Estudios, encargaranse
de controlar a chegada e acollida de alumnos a 1ª hora. Esíxese entrar
na Capela ás 8,20/9:20 horas, segundo etapas (non se pode obrigar
a rezar pero sí a cumprir este momento de reflexión característico
do noso Ideario). Motivar ó alumnado neste aspecto é tarefa compartida
por todo o persoal (titoría, educación en valores,…)
Ø
Retrasos.- Os que chegan despois das 8,30-9,30 horas
entran co visto bo da Directora/Xefa de Estudios, que lles fan un aviso verbal.
Anótase no parte de aula o retraso (o profesor correspondente). No caso de que
o retraso excedera 10 minutos a primeira hora ou 5 minutos nos cambios de
clase, impedirase a entrada na aula para non interromper o desenvolvemento da
clase (agás se se aporta causa xustificada) e a falta recollerase no parte polo
profesor correspondente. Permítense ata 5 retrasos por alumno por trimestre.
Acadar este número sería motivo de amonestación escrita e en caso de non
correxirse conleva Parte de Incidencia aberto polo titor e enviado á
familia
Ø
Asistir a clase é obriga evidente dos alumnos, especialmente nas
datas que coincidan con probas escritas, controis... Dada a coordinación e
planificación que require por parte do profesorado fixar o calendario de exames
e o esforzo que supón a elaboración do cuestionario, (tendo en conta que sempre
se busca favorecer o rendemento do alumno, como demostra a medida acordada de
non realizar máis dunha proba evaluativa diaria) parécenos normal solicitar do
alumnado e das familias a correspondente colaboración, respecto e
responsabilidade (o contrario supoñería que cadaquén demandara “un
calendario á carta”). Esixirase sempre a xustificación -telefónica,
escrita- das inasistencias (prazo máximo de 3 días trala reincorporación),
imprescindible no caso citado e extensible a xornadas ou horas previas a ditas
probas (preparar exames non é causa xustificada de inasistencias, aínda que
somos conscientes de recibir escritos asinados polos pais sabendo que se trata
ás veces de pequenas mentiras de escasa credibilidade, presionados polos seus
fillos que non se organizaron e precisan tempo do horario lectivo para
preparalos). Non dispoñer dela conlevaría invalidala (e repetila en
recuperación) ou non facela ata recuperación. En caso de que a inasistencia,
autorizada e xustificada polos pais, coincida coa data dalgunha proba
evaluativa, respectarase o dereito do alumnado a realizala no momento en que o
profesorado o considere máis oportuno e menos entorpeza o desenvolvemento das
actividades educativas planificadas (antes ou despois da entrega de notas,
merecendo especial consideración os problemas de saúde ou asunto familiar
grave). As faltas inxustificadas de asistencia conlevan amonestación oral ou
escrita e considérase falta grave, motivo de Parte de Incidencia, non asistir a
clase sen o coñecemento de pais ou titores legais. En ningún caso os alumnos
poderán saír do centro sen expresa autorización familiar.
Ø
Uniforme e Chándal- O Colexio é o lugar de traballo
dos alumnos . Non é lugar informal de reunión cos amigos. Por iso deben asistir
ó Centro adecuadamente aseados e vestidos. Os mesmos órganos
anteriormente citados encargaranse a primeira hora da mañá de avisar
verbalmente ó alumno que o incumpra, tarefa na que colaborará todo o persoal
docente anotándoo no parte de aula, ocupándose os titores do seu control (ficha
específica). Reincidir na falta (5 ou máis) será motivo de amonestación escrita
e de non correxirse esta actitude conlevará Parte de Incidencia, non
subir á aula, avisar á familia de que os veñan recoller e regresar debidamente
uniformado ou que lles traian a roupa axeitada. Idéntica medida adoptarase para
os alumnos de Bacharelato que non se presenten coa vestimenta adecuada
(escotes excesivos, barrigas ó aire, roupa interior á vista…).
- No caso de Educación Física, será o profesor o encargado de controlar o chándal-marxe en 1º de Bach.- reflexando nas fichas as incidencias que xurdan e seguindo o sistema anterior: advertencia verbal e ante a reiteración (sen ánimo de correxirse) comunicación ó titor e Parte de Incidencia. En ningún caso poderán participar na clase sen o atuendo deportivo axeitado (o que conleva ademais actitude negativa).
Ø
En canto ó comportamento
na aula e no resto das instalacións do Colexio (patios, andares…) como
centro educativo e formativo que é, esixírase a responsabilidade, respecto e
conducta apropiados (aportar o material necesario, realizar as tarefas
marcadas, utilizar vocabulario e modais correctos, colaborar no proceso de
aprendizaxe, facilitar o desenvolvemento normal da clase, coidar o mobiliario e
demais elementos que contén, manter a orde e limpeza debidas, etc.). En
canto ó chicle non se permitirá masticalo en clase por
consideralo inadecuado. Polo
que respecta a escribir nas mesas, paredes ou portas, pegar
chicles, ensuciar o patio ou os servicios, tirar papeis, emborronar a
pizarra,…(control que compete a todo o persoal do centro e que comunicará ós
órganos pertinentes), pode dar lugar a que se lles pida que repoñan ou limpen o
que estropearon ou ensuciaron (conforme á normativa legal vixente).
Copiar en exames (falta grave), implica a
repetición da materia do mesmo a final de curso.
|
| |
|
Ø
Na comunicación coas familias utilizarase a axenda do
alumno ou o caderno escolar para transmitir información de
interese, académica ou de actitude (relacionada coa orde, educación, limpeza,
material, esforzo, resultados,…correxida a criterio do profesor, por exemplo
tarefa fóra do horario lectivo, en recreos ou tardes), reservando o Parte de
Incidencia (que pode abrir todo o persoal docente) para comportamentos que
impliquen gravedade (faltas de respecto, malos modais, insultos, ofensas,
molestar e non deixar dar a clase, vocabulario groseiro ou inapropiado,
destrozos…). Estas conductas poden conlevar a suspensión da participación en
actividades complementarias ou outras organizadas polo Centro a criterio do
responsable.
Ø
Se a falta
é grave
ou por acumulación de cinco Partes de Incidencia (aínda sendo de distinta
natureza ou gravedade) procederase á expulsión temporal do alumno por un prazo
máximo de tres días, previo aviso á familia e oídas as partes implicadas. Partes
de Incidencia reiterativos na mesma materia darían lugar á imposibilidade
de permanecer na aula durante o desenvolvemento da mesma por un prazo máximo de
tres días, realizando tarefas encomendadas polo profesor en cuestión, ben xunto
á directora, ben xunto ó titor.
Ø
Enviar partes de
incidencia avisando previamente por teléfono á familia o profesor
responsable (medida que pretende evitar falsificacións de firmas, por exemplo,
tipificada como falta grave).
Ø
Se a disponibilidade do
Centro o permitira e as circunstancias persoais o recomendaran, daríase á
familia a opción de que o alumno sancionado por expulsión temporal dun
máximo de 3 días permaneza no Centro quedando separado da aula e ó coidado de
persoal realizando tarefas.