martes, 27 de noviembre de 2012

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo


O pasado martes, 20 de novembro, un grupo de 46 alumnos da ESO do noso Colexio visitaron o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, que depende da Subdirección Xeral de Formación e Transferencia Tecnolóxica da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.
O seu obxectivo é  dar resposta ás necesidades formativas das/dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada con actividades agrogandeiras, forestais e dinamización do medio rural.
A formación que se imparte no CFEA de Guísamo axústase ás características da súa zona de influencia e baséase nos principios de solidariedade, respecto e sostibilidade humana e ambiental, potenciando deste xeito o aproveitamento dos recursos do lugar.

Acompañados en todo momento por Pilar e Tonecho, os nosos alumnos/as puideron disfrutar da visita ás súas plantacións de árbores autóctonas, centrada neste caso nas maceiras, tema central do noso Proxecto Comenius “Triple AAA – All About Apples”, e recibiron todo tipo de explicacións sobre os diferentes tipos, especies de mazás autóctonoas, e por último levaron á cabo unha cata de nove diferentes especies de mazás, sobre as que se fixo unha votación para elexir a especie máis valorada polos rapaces, de cara a levar un quilo delas a Alemaña en setembro do vindeiro curso, onde competirá coas mellores mazás dos outros oito países implicados no proxecto Comenius. Nós tamén apostamos polas nosas mazás autóctonas que, si ben non son tan coñecidas coma outras especies comercializadas (golden…), consideramos que son tanto ou máis boas que elas. Nestes intres, os alumnos/as de 1º da ESO están a facer o reconto de votos que eles mesmos emitiron sobre cada una das 9 especies de mazás que tan amablemente nos proporcionaron en Guísamo. Tan pronto como teñamos os resultados definitivos, informaremos aquí mesmo da especia gañadora que viaxará ata Alemaña o vindeiro curso.
 O noso máis sinceiro agradecemento a Pilar (nai da nosa alumna de 2º de ESO Andrea Rey), Tonecho, e ó director do centro: Xosé Lois Arenas, pola súa total disposición e colaboración co noso proxecto Comenius.