miércoles, 23 de mayo de 2012

SAÍDA CULTURAL-LÚDICA 5º E.P.

  O día 25 do presente mes de maio os nenos e nenas de 5º de E.P levarán a cabo a saída cultural e lúdica correspondente ó final do curso. O lugar elexido é a preciosa paraxe do Parque Natual-Dunar de Corrubedo, situado no Concello de Ribeira (A Coruña) que se estende ademáis pola franxa litoral do concello de Porto do Son.
 Corrubedo é o fogar da maior duna de Galicia. A duna móbil deste espazo aberto entre as rías de Arousa e a de Muros e Noia resalta polas súas dimensións. Máis dun quilómetro de lonxitude en curvada fronte de avance. Acada nos máis duros meses de inverno os vinte metros de altura . Calcúlase entre os 200 e 250 metros de ancho, aínda que antigamente disque era meirande. Entre a lenda e a fachenda, figura que a finais do século XIX superaba os 60 metros de altura.
A barlovento, fronte ao mar, é longa e tendida, coma o lombo dun animal. Derrúbase pola banda de sotavento, cara a terra, e sen vexetación que a conteña avanza pola chaira a unha velocidade de dous ou tres centímetros cada ano.




ITINERARIO:
*A praia de Cabio, mellor denominada praia da Lombiña, está situada ao sur da Pobra do Caramiñal. Ten unha lonxitude duns 400 metros e unha largura entre 10 e 40 metros de area branca, fina e branda. Está delimitada pola banda sur polas pedras da Furniña, que a separan da praia da Illa; e pola outra polos Aguillóns que a unen á praia da Barca, onde está localizado o camping. Posúe a bandeira azul dende hai moito tempo. 



Os rapaces disfrutarán desta fermosa paisaxe e apreciaran, "in situ"da fauna e flora do lugar coa axuda dos seus prismáticos.
 A proximidade do Camping " Ría de Arousa" permitirálles disfrutar dun refuxio confortable se o tempo non acompaña.



* Á volta farán unha parada na cidade de Santiago de Compostela para disfrutar de lugares emblemáticos coma o Obradoiro, A Catedral, Praza da Quintana, Alameda....paseando polas fermosas rúas da cidade da Cultura e da choiva.

Xa temos gañas de ver as fotos, disfrutade moito!!! despois dun longo curso de traballo tendes unha fermosa saída para que perdure por sempre na memoria...

E ao fin, as esperadas fotos: