Como todos sabedes, este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade.
No noso centro celebraremos este día facendo diferentes actividades:
No noso centro celebraremos este día facendo diferentes actividades:
-Participamos en Concursos de Carteis para o Concello de Betanzos no que resultou gañador o cartel realizado por Enrique Facal e Lorena Sánchez de 4º ESO (o que encabeza a noticia) e Diego Fernández Muíño que recibíu un accésit. Os premios serán entregados no Liceo o día 26 de maio ás 20:00.
-Participaremos nun concurso proposto polo concello de Creación Literaria en galego.
-O 15 de maio , 3º ESO participou nun Obradoiro de Creación Literaria con Anxo Fernán-Vello . Dende a súa faceta de poeta, o escritor animou aos alumnos a crear, a xogar coas tonalidades das palabras do mesmo xeito que un pintor xoga coas cores.
-O 24 de maio, de 12:30 a 14:00, alumnos dende 4º da ESO a 1º BAC participarán nunha actividade baixo o lema "Da literatura ao cine" contando coa presenza de Miguel Castelo.
-Disfrutaremos de representacións de títeres que o concello fará no noso centro o 11 de maio: "Carapuchiña vermella" (EI e 1º ciclo de EP) e "Castañas e legañas" (2º e 3ºciclo EP).
-O 14 de maio, alumnos a partir de 8 anos e ata 6º EP, verán un monólogo en galego sobre un conto. O concello acercará esta acrtividade ao noso centro para que poidamos disfrutar dela.