Este Xoves día 31 de Maio, ás 12:45 horas, levaráse a cabo no noso Centro, unha interesante Conferencia sobre " As prácticas que modifican o aspecto corporal: Piercing e Tatuaxes".
A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, dentro do Ciclo de Conferencias de educación socio-sanitaria quere poñer a medicina ao servizo da sociedade, neste caso dos máis xóvenes para facelos coñecedores e informar dos posibles riscos de ditas prácticas.
Queremos agradecer a colaboración do Excmo: Sr. José Carro Otero, presidente da Real Academia o facernos partícipes e permitirnos colaborar con el no seu cometido.
Organiza: Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
Patrocinador: Excmo. Deputación Provincial da Coruña.
Colabora: Colexio Nosa Señora do Carme (Betanzos).