viernes, 4 de mayo de 2012

Charlas didácticas.Coñecementos esenciais.1ª

 O Concello de Betanzos, un ano máis, de mans do seu psicólogo , ofrécenos a posibilidade de asistir a unhas interesantes charlas didácticas sobre temas de máxima actualidade e grande importancia.
 Dende o noso Centro pensamos que a información, o coñecemento e a prevención son as vías axeitadas para loitar contra as lacras da nosa sociedade dende idades temperás.
 O xoves día 3 de Maio, os alumnos de 3º da E.S.O asistiron á primeira charla sobre " Os perigos das drogas sintéticas e de diseño". Están programadas outras charlas para 3º ciclo de E.P e 1º , 2º e 4º da E.S.O das que informaremos posteriormente.
 A aceptación por parte do alumnado está sendo moi positiva, esperamos que lles sexa de grande axuda na súa vida.
 Aquí deixámos un enlace no que as familias poden participar do contido das charlas do día 3 de maio.
ENLACES:
http://iesdolmendesoto.org/problemas/DROGAS/2.html
http://www.uv.es/=choliz/Drogas%20sintesis%20(PND).pdf
 http://es.wikipedia.org/wiki/MDMA