O 29 de maio os alumnos/as de 1º e 2º ESO asisten no Centro a unha charla-coloquio co escritor FRANCISCO CASTRO despois de ler a súa obra "Chamádeme Simbad". A historia trata do que "cambia a vida" cando unha familia vese afectada pola enfermidade que empeza a padecer o avó. Segundo a opinión de Darriba, o escritor trata o problema "con moito sentido do humor e cun punto de tenrura e poesía".
Escritor, profesor e bloguero, este autor vigués leva moitos anos traballando no campo da comunicación e da xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso de Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural desde a súa concorrida bitácora “A canción do naúfrago”.