lunes, 28 de mayo de 2012

Excursión 2º ciclo de E.P

Estamos con moita ilusión esperando a “Excursión de Fin de Curso”. ¡¡¡Xa faltan menos días!!!

O vindeiro día 1 de xuño, os alumnos de 3º e 4º de E.P. faremos unha saída a Marín (que ten no mar a súa principal fonte de riqueza e os espazos naturais máis impresionantes) para festexar o remate do curso, nunha xornada que haberá tempo para todo, pero fundamentalmente, pasalo moi ben, coa intención de:
Ø  Fortalecer a convivencia colectiva.
Ø  Fomentar actitudes como a autonomía, a responsabilidade, o respecto, e a socialización.
Ø  Realizar xogos e actividades deportivas en contacto directo coa natureza interactuando correcta e activamente nela.
Ø  Dar satisfacción aos intereses lúdicos, xa que a viaxe fin de curso supón para os alumnos e alumnas un día inesquecible de goce común do grupo, desde o respecto e saber estar necesarios.
Ø  Canalizar a aprendizaxe a través do xogo e a recreación.

Visitaremos:

·          Parque dos sentidos” da Granxa de Briz.
Trátese dun parque que está no centro da vila e con todo está totalmente integrado na natureza. Conta cunha zona de aventura, con lagos, longos tobogáns e xogos integrados na natureza, a lagoa natural e a artificial e a ladeira dos sentidos.
Na ladeira dos sentidos, ten espazos claramente diferenciados para gozar cada un dos nosos cinco sentidos: A zona do tacto conta con zonas texturadas con diferentes materiais, a zona do oído inclúe varios instrumentos musicais de percusión xigantes de metal e madeira (xilófonos, marimbas e tambores), a zona da vista, ademais de poder gozar das vistas que nos ofrece Briz, conta con xogos visuais, a zona do olfacto é unha zona onde predominan as plantas aromáticas, o gusto (sabor) está representado na zona dos froiteiros.
                  Os nenos/as pásanllo xenial alí correteando e tocando todo canto hai para interactuar.
                  O conxunto remátao un auditorio ao aire libre, un lugar entrañable para escoitar un concerto ou dar un paseo.

·         Praia de Mogor.

É unha praia en forma de cuncha, de area dourada e fina, situada nunha contorna semiurbano. Está caracterizada polo seu recollemento e as súas augas tranquilas e tempadas. Bordeada no seu límite sur por un frondoso bosque sobre unha punta rochosa e con fermosas vistas da ría de Pontevedra.



·         Petróglifos.

A escasos metros por encima da praia que lle dá nome, atópase gravado no granito dunha ladeira, un dos petróglifos máis reproducidos e analizados de toda Galicia e nun estado de conservación óptimo: O chamado "Labirinto de Mogor".


FOTOS:

AUDITORIO






ZONA DE DIVERSIÓN


Por este carreiro poderemos producir sons, melodías relaxantes que poden escoitarse mentres paseas por todo o parque.





Sentir a paz da auga neste lugar e o cheiro da flor da laranxeira máis próxima.


Sentiremos as risas dos nenos ao deslizarse polo gran tobogán.



Árbores, cores, auga, luz, sons, cheiros, nenos … nada molesta, todo está ben cando están gozando os sentidos.

Praia de MOGOR
Petróglifos de Mogor. Marín