miércoles, 30 de mayo de 2012

CHARLA-COLOQUIO CON FRANCISCO CASTRO

O 29 de maio os alumnos/as de 1º e 2º ESO asisten no Centro a unha charla-coloquio co escritor FRANCISCO CASTRO despois de ler a súa obra "Chamádeme Simbad". A historia trata do que  "cambia a vida" cando unha familia vese afectada pola enfermidade que empeza a padecer o avó. Segundo a opinión de  Darriba, o escritor trata o problema "con moito sentido do humor e cun punto de tenrura e poesía".
Escritor, profesor e bloguero, este autor vigués leva moitos anos traballando no campo da comunicación e da xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso de Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural desde a súa concorrida bitácora “A canción do naúfrago”.





martes, 29 de mayo de 2012

Ciclo de conferencias educación socio-sanitaria

                                  
 Este Xoves día 31 de Maio, ás 12:45 horas, levaráse a cabo no noso Centro, unha interesante Conferencia sobre " As prácticas que modifican o aspecto corporal: Piercing e Tatuaxes".
 A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, dentro do Ciclo de Conferencias de educación socio-sanitaria quere poñer a medicina ao servizo da sociedade, neste caso dos máis xóvenes para facelos coñecedores e informar dos posibles riscos de ditas prácticas.
  Queremos agradecer a colaboración do Excmo: Sr. José Carro Otero, presidente da Real Academia o facernos partícipes e permitirnos colaborar con el no seu cometido.

 Organiza:  Real Academia de  Medicina e Cirurxía de Galicia.
 Patrocinador:  Excmo. Deputación Provincial  da Coruña.
 Colabora: Colexio Nosa Señora do Carme (Betanzos).








lunes, 28 de mayo de 2012

Excursión 2º ciclo de E.P

Estamos con moita ilusión esperando a “Excursión de Fin de Curso”. ¡¡¡Xa faltan menos días!!!

O vindeiro día 1 de xuño, os alumnos de 3º e 4º de E.P. faremos unha saída a Marín (que ten no mar a súa principal fonte de riqueza e os espazos naturais máis impresionantes) para festexar o remate do curso, nunha xornada que haberá tempo para todo, pero fundamentalmente, pasalo moi ben, coa intención de:
Ø  Fortalecer a convivencia colectiva.
Ø  Fomentar actitudes como a autonomía, a responsabilidade, o respecto, e a socialización.
Ø  Realizar xogos e actividades deportivas en contacto directo coa natureza interactuando correcta e activamente nela.
Ø  Dar satisfacción aos intereses lúdicos, xa que a viaxe fin de curso supón para os alumnos e alumnas un día inesquecible de goce común do grupo, desde o respecto e saber estar necesarios.
Ø  Canalizar a aprendizaxe a través do xogo e a recreación.

Visitaremos:

·          Parque dos sentidos” da Granxa de Briz.
Trátese dun parque que está no centro da vila e con todo está totalmente integrado na natureza. Conta cunha zona de aventura, con lagos, longos tobogáns e xogos integrados na natureza, a lagoa natural e a artificial e a ladeira dos sentidos.
Na ladeira dos sentidos, ten espazos claramente diferenciados para gozar cada un dos nosos cinco sentidos: A zona do tacto conta con zonas texturadas con diferentes materiais, a zona do oído inclúe varios instrumentos musicais de percusión xigantes de metal e madeira (xilófonos, marimbas e tambores), a zona da vista, ademais de poder gozar das vistas que nos ofrece Briz, conta con xogos visuais, a zona do olfacto é unha zona onde predominan as plantas aromáticas, o gusto (sabor) está representado na zona dos froiteiros.
                  Os nenos/as pásanllo xenial alí correteando e tocando todo canto hai para interactuar.
                  O conxunto remátao un auditorio ao aire libre, un lugar entrañable para escoitar un concerto ou dar un paseo.

·         Praia de Mogor.

É unha praia en forma de cuncha, de area dourada e fina, situada nunha contorna semiurbano. Está caracterizada polo seu recollemento e as súas augas tranquilas e tempadas. Bordeada no seu límite sur por un frondoso bosque sobre unha punta rochosa e con fermosas vistas da ría de Pontevedra.



·         Petróglifos.

A escasos metros por encima da praia que lle dá nome, atópase gravado no granito dunha ladeira, un dos petróglifos máis reproducidos e analizados de toda Galicia e nun estado de conservación óptimo: O chamado "Labirinto de Mogor".


FOTOS:

AUDITORIO






ZONA DE DIVERSIÓN


Por este carreiro poderemos producir sons, melodías relaxantes que poden escoitarse mentres paseas por todo o parque.





Sentir a paz da auga neste lugar e o cheiro da flor da laranxeira máis próxima.


Sentiremos as risas dos nenos ao deslizarse polo gran tobogán.



Árbores, cores, auga, luz, sons, cheiros, nenos … nada molesta, todo está ben cando están gozando os sentidos.

Praia de MOGOR
Petróglifos de Mogor. Marín

sábado, 26 de mayo de 2012

Fotos-Marcelle

 Lo prometido es deuda...aquí teneis las fotos de los alumnos de E.I del Cole en su excursión a Marcelle; se lo pasaron genial! y también las profes....Seguro que todos durmieron muy bien esa noche!.
  En estas fotos podemos ver lo mucho que disfrutaron los peques de 3, 4 y 5 años viendo los animales, comiendo y jugando en el parque.
 Al acabar la visita a cada grupo les contaban la historia de Marcelle y del árbol de los deseos. Al marcharse, cada  pequeño pidió su deseo, cada hoja de ese gran árbol es la  ilusión de un niño.














Muchas gracias por la excursión profes!!lo pasamos muy bien!!











viernes, 25 de mayo de 2012

Concerto didáctico para Educación Infantil.

 No presente curso 2011/2012 o noso Colexio foi seleccionado para participar dentro do programa educativo “DESCUBRIR A MÚSICA”, que a Orquestra Sinfónica de Galicia organiza tódolos anos. Os alumnos/as de Educación Infantil asistirán o  día 24 de maio ó Concerto Didáctico “ROMEO Y JULIETA”, no Palacio da Ópera da Coruña."Romeo y Julieta" - A maxia dos títeres no  ballet de Sergéi Prokófiev. As marionetas desenvolven a acción sobre a música descriptiva de Sergei Prokofiev que dará en cada momento a tensión dramática a cada escena. 
  A actividade realizaráse dentro do horario escolar e considérase de gran valor educativo.
 Esta saída estaba programada para unha data anterior pero aplazouse para o mes de maio por razóns axenas ó Centro polo que os nenos terán duas saídas seguidas . As mestras estaban un pouquiño preocupadas pero seguro que para os máis pequechos non supón ningún problema,van a disfrutar e a aprender moito!.
 Unha vez realizada a actividade colgaránse fotos para que as familias poidan disfrutar do momento.


Aquí están as fotos do felíz día.
Foi unha experiencia  moi emotiva e aprendimos a sentir a música moi dentro, do mesmo xeito que vemos as imaxes;
¿ A que estamos guapos/as?

 


















miércoles, 23 de mayo de 2012

SAÍDA CULTURAL-LÚDICA 5º E.P.

  O día 25 do presente mes de maio os nenos e nenas de 5º de E.P levarán a cabo a saída cultural e lúdica correspondente ó final do curso. O lugar elexido é a preciosa paraxe do Parque Natual-Dunar de Corrubedo, situado no Concello de Ribeira (A Coruña) que se estende ademáis pola franxa litoral do concello de Porto do Son.
 Corrubedo é o fogar da maior duna de Galicia. A duna móbil deste espazo aberto entre as rías de Arousa e a de Muros e Noia resalta polas súas dimensións. Máis dun quilómetro de lonxitude en curvada fronte de avance. Acada nos máis duros meses de inverno os vinte metros de altura . Calcúlase entre os 200 e 250 metros de ancho, aínda que antigamente disque era meirande. Entre a lenda e a fachenda, figura que a finais do século XIX superaba os 60 metros de altura.
A barlovento, fronte ao mar, é longa e tendida, coma o lombo dun animal. Derrúbase pola banda de sotavento, cara a terra, e sen vexetación que a conteña avanza pola chaira a unha velocidade de dous ou tres centímetros cada ano.




ITINERARIO:
*A praia de Cabio, mellor denominada praia da Lombiña, está situada ao sur da Pobra do Caramiñal. Ten unha lonxitude duns 400 metros e unha largura entre 10 e 40 metros de area branca, fina e branda. Está delimitada pola banda sur polas pedras da Furniña, que a separan da praia da Illa; e pola outra polos Aguillóns que a unen á praia da Barca, onde está localizado o camping. Posúe a bandeira azul dende hai moito tempo. 



Os rapaces disfrutarán desta fermosa paisaxe e apreciaran, "in situ"da fauna e flora do lugar coa axuda dos seus prismáticos.
 A proximidade do Camping " Ría de Arousa" permitirálles disfrutar dun refuxio confortable se o tempo non acompaña.



* Á volta farán unha parada na cidade de Santiago de Compostela para disfrutar de lugares emblemáticos coma o Obradoiro, A Catedral, Praza da Quintana, Alameda....paseando polas fermosas rúas da cidade da Cultura e da choiva.

Xa temos gañas de ver as fotos, disfrutade moito!!! despois dun longo curso de traballo tendes unha fermosa saída para que perdure por sempre na memoria...

E ao fin, as esperadas fotos: