domingo, 3 de febrero de 2013

Achégase o Entroido!!!


 O vindeiro venres 8 de febreiro celebraráse o Entroido no noso Centro e todos os alumnos de E.I. e E.P esperan con moita ilusión desfilar cos seus disfraces e disfrutar dunha xornada de festa .
 O desfile será na Capela e comezará a partir das 11:30 da mañá (os alumnos/as vestiránse no Centro).
  A elección do disfraz será libre, agás os nenos de 3, 4 e 5 anos que, en colaboración co grupo Comenius, decidiron achegarnos a un mundo de fantasía disfrazándose de "Brancaneves e os sete ananiños". 
Estamos desexosos de participar nese conto, con mazás envelenadas e bruxas incluídas!