miércoles, 2 de octubre de 2013

Galicreques para 1º Ciclo de E.P

 O vindeiro 7 de outubro, os alumnos de 1º Ciclo de E.P disfrutarán dun día de Títeres dentro da programación para este ano do IX Festival Consorcio  As Mariñas 2013 na Aula de Cultura Xulio Cuns (Betanzos).
 A obra  titúlase " Sopa de Ladrones" e a técnica empregada pola Compañía "Titiritainas" será  as Luvas.
SINOPSE:
 É a historia de dona Carlota Tolón e Tolón, xubilada, solteiriña e devota de San Antonio, quen a través de dúas oracións espera que o santo lle cumpre o milagre, é dicir, darlle un maridiño....
 Un día, ao regreso do mercado, vivirá as máis disparatadas aventuras cun ladrón de pouca monta e un representante do sector empresarial, cuxa tarefa é rematar coa fame dos máis pobres. Unha vez arranxados os asuntos, coa axuda dos seus rezos e malia os consellos da xente, dona Carlota decidirá dar por rematada a súa soltería.