A
vendima é a colleita da uva. Adoita facerse nos meses de setembro e outubro, segundo o clima de cada sitio. Por este motivo os nosos alumnos de
5º e 6º EP irán vendimar mañá. Para iso terán que cortar os
acios das cepas e botalas en
cestas, que despois levarán ao lugar , onde se prensan as uvas para convertelas en
mosto. Antigamente pisábanse cos pés e nesta ocasión os nosos alumnos o farán deste mesmo xeito
(esperemos que todos leven os pés ben limpiños jaja). A actividade de pisar a uva terá lugar este ano no Vales Villamarín compartindo cos alumnos deste centro esta actividade tan divertida.
.
Veremos tamén ás titoras pisando a uva?
Todos moi atentos estes días porque as fotos nos darán a resposta.