A noite do 31 de Outubro, os pobos celtas celebraban a fin do ano e dedicábanlla ao Deus Samaín.
Eles pensaban que, esa noite, podían comunicarse cos seus antepasados . Por iso acendían fogueiras, para envialos ata os seus antigos fogares.Co tempo, esas fogueiras foron substituídas primeiro por nabos , que se baleiraban e nos que se acendía unha candea e, máis tarde, por cabazas.
PODEDES ESCOITAR A CANCIÓN DE MAMÁ CABRA (GRUPO QUE CANTA EN GALEGO) ACERCA DO SAMAÍN.
3º EP conxuntamente con Plástica elaboraron un castelo de terror...
5º EP grava un nome en galego nun nabo ou cabaza e lle poñen unha candea dentro para podelo ler moito mellor.
4ºe 6º EP e 1º ESO fixeron diferentes traballos sobre o mesmo tema . O poderedes comprobar nas fotografías que vos deixo a continuación.