O 17 de abril
pasámolo bomba na Festa da Lingua para ESO e Bacharelato, que tivo lugar en
Pontevedra onde se entregaron os premios Frei Martín Sarmiento e que resultaron
ser para
LETICIA COSTAS E PERE TOBARUELA con Mortos de ningures
na 4ª categoría
RIVADULLA CORCÓN, X.H, con O
noso amor será eterno
na 5ª categoría.
Nos faladoiros
os autores cambiaron impresións, contaron experiencias e deron resposta a
cantas preguntas lles fixeron.
Os nosos
alumnos Miguel Novoa e Martín Barros fixeron entrega do agasallo ao gañador da
5ª categoría, Xosé Henrique Rivadulla, quen se amosou encantado co premio.
A pesares de
non resultar gañador nesta ocasión, contamos coa presenza do noso admirado Agustín Fernández Paz quen recibiu unha
merecida ovación da mocidade, tanto pola calidade literaria dos seus textos
como pola sinxeleza e familiaridade que amosa, especialmente, cos lectores máis
novos. Como non, as nosas profesoras non quixeron perder ocasión para se
retratar con el.
Para finalizar o acto, a compañía Teatro da Esmorga representou a obra “Que empece a función!” onde se explicaba a evolución da creación teatral galega.
Para
comer, a rapazada dirixiuse á bonita vila de Pontevedra, escollendo para comer
a praza de Alexandre Bóveda porque reunía tódolos requisitos: tiña bancadas, bo
ambiente e… un Burguer King a man. Meu
Deus! Hai que ver como devoraban hamburguesas! (iso que levaron xantar da
casa).
Outros preferiron pasear pola zona vella, sentar na Alameda, tomar un
xeado…
Á
hora acordada, todos como un clavo diante do Museo para completar o día dun
xeito didático.
A viaxe de
volta no autobús foi amenizada polo noso cronista oficial .A quen nos
referiremos?
GRAZAS, RAPACES.
A FESTA DA LINGUA NON TERÍA SENTIDO SEN….
VÓS.