martes, 30 de abril de 2013

A NOSA HORTIÑA

 Un ano máis os alumnos de 2º de E.P poñen en marcha a súa hortiña. Este proxecto abrangue non só o traballo na terra, senón que ten un carácter interdisciplinar baseado no traballo cooperativo; medidas, pesos, cálculo matemático, coñecemento e uso de ferramentas, contos e  poemas que nos achegan á cultura tradicional galega, a alimentación, a cociña...
 Ata o momento plantamos patacas, leitugas e pementos, unha vez que remitan as xeadas poñeremos tomates e amorodos.
Todos os pequenos están entusiasmados co coidado da horta e aprenden as necesidades e atencións que este require.
Este ano contamos coa colaboración de tres alumnos do Centro: Saúl, Yeray e David Pérez.
 Moitas grazas rapaces, a vosa cooperación e atención cos pequenos foi de grande axuda!