Os nenos e nenas das Escolas do Clube Xadrez Betanzos obtiveron moi bos resultados no Campionato Comarcal deste deporte disputado os días 10 e 17 de marzo en Cambre, organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello cambrés.
No campionato participou un grupo de nenos e nenas do clube betanceiro que se fixeron con boa parte dos trofeos en xogo e conseguiron o pase á fase intercomarcal nas categorías infantil, alevín e alevín
feminino.
Queremos felicitar a todos eles e especialmente a dous alumnos do noso Centro, Hector e Jorge Muñoz Rodríguez que acadaron premios na categoría infantil, subcampión e o primeiro posto por equipos combinados respectivamente. Parabéns rapaces!!!!!
Se queredes saber máis..... ( enlace ó xornal betanceiro "Betanzos e a súa comarca")