martes, 30 de abril de 2013

A NOSA HORTIÑA

 Un ano máis os alumnos de 2º de E.P poñen en marcha a súa hortiña. Este proxecto abrangue non só o traballo na terra, senón que ten un carácter interdisciplinar baseado no traballo cooperativo; medidas, pesos, cálculo matemático, coñecemento e uso de ferramentas, contos e  poemas que nos achegan á cultura tradicional galega, a alimentación, a cociña...
 Ata o momento plantamos patacas, leitugas e pementos, unha vez que remitan as xeadas poñeremos tomates e amorodos.
Todos os pequenos están entusiasmados co coidado da horta e aprenden as necesidades e atencións que este require.
Este ano contamos coa colaboración de tres alumnos do Centro: Saúl, Yeray e David Pérez.
 Moitas grazas rapaces, a vosa cooperación e atención cos pequenos foi de grande axuda!




























GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTEIS DAS LETRAS GALEGAS

Alejandro Pisonero López e Javier Borrazás Doldán, alumnos de 5.º da E.P. del CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” foron los gañadores este año da  IV edición del Concurso de carteis das Letras Galegas. O diseño do cartel é un retrato de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este año polas Letras Galegas.
Ademáis, o xurado, tamén decidíu outorgar dous accésits aos traballos de Nuria Beiro Oldán, alumna de 3.º de E.P. del CEIP Francisco Vales Villamarín, e a Mario Iglesias Gestal de 2.º de E.P. del CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. Participaron no Concurso este ano setenta nenos e nenas dos centros de ensino de Betanzos realizando os carteis de xeito colectivo e individual.

A entrega dos premios será o 17 de maio, nun acto en conmemoración das Letras Galegas. O cartel gañador del Concurso de carteles ilustrará o Programa das Letras Galegas 2013 do Concello de Betanzos.

FESTA DA LINGUA EN PONTEVEDRA


O 17 de abril pasámolo bomba na Festa da Lingua para ESO e Bacharelato, que tivo lugar en Pontevedra onde se entregaron os premios Frei Martín Sarmiento e que resultaron ser para
LETICIA COSTAS E PERE TOBARUELA con Mortos de ningures
na 4ª categoría
RIVADULLA CORCÓN, X.H, con  O noso amor será eterno
na 5ª categoría.
Nos faladoiros os autores cambiaron impresións, contaron experiencias e deron resposta a cantas preguntas lles fixeron.


Os nosos alumnos Miguel Novoa e Martín Barros fixeron entrega do agasallo ao gañador da 5ª categoría, Xosé Henrique Rivadulla, quen se amosou encantado co premio.
A pesares de non resultar gañador nesta ocasión, contamos coa presenza do noso admirado Agustín Fernández Paz quen recibiu unha merecida ovación da mocidade, tanto pola calidade literaria dos seus textos como pola sinxeleza e familiaridade que amosa, especialmente, cos lectores máis novos. Como non, as nosas profesoras non quixeron perder ocasión para se retratar con el.







Para finalizar o acto, a compañía Teatro da Esmorga representou a obra “Que empece a función!” onde se explicaba a evolución da creación teatral galega.


 Para comer, a rapazada dirixiuse á bonita vila de Pontevedra, escollendo para comer a praza de Alexandre Bóveda porque reunía tódolos requisitos: tiña bancadas, bo ambiente e… un Burguer King a man.  Meu Deus! Hai que ver como devoraban hamburguesas! (iso que levaron xantar da casa). 


Outros preferiron pasear pola zona vella, sentar na Alameda, tomar un xeado…


           


 Á hora acordada, todos como un clavo diante do Museo para completar o día dun xeito didático.  




















A viaxe de volta no autobús foi amenizada polo noso cronista oficial .A quen nos referiremos?





GRAZAS, RAPACES.
A FESTA DA LINGUA NON TERÍA SENTIDO SEN…. VÓS.


lunes, 29 de abril de 2013

CUENTOS DE LOS HERMANOS GRIMM EN INFANTIL




Aprovechando el día del libro le dedicamos la semana del 22 a conocer a los hermanos Grimm, en el año en que se conmemora el 200 aniversario de la publicación de Caperucita Roja.












Aquí os dejo un enlace a un blog sobre este tema:
                http://grimmenelcole.blogspot.com.es/

Se escogieron algunos cuentos y  los alumn@s de 1º de BAC, se los contaron a nuestros alumnos de EI, haciendo que  disfrutaran muchísimo. Les estamos muy agradecidas por todo el trabajo que hicieron y lo mucho que se implicaron.