miércoles, 11 de abril de 2012

POETAS EN 3º DA ESO

No Día Mundial da Poesía  os nosos alumnos de 3º da ESO escribiron poemas con temas variados.
Aquí deixo uns poucos para que vexades a creatividade dos nosos alumnos.

                               POEMAS AO FÚTBOL
Deportivo da miña vida,
Deportivo do meu amor
levo animándote dende
que te vin na Primeira División!
A pesares da Segunda División
sinto tanto as túas cores!...
... como o día que coñecín
a Juan Carlos Valerón!
Seguirémoste onde vaias
prometo que, sempre, sempre,
encheremos as bancadas!

Fran Golpe


Fun a Vigo
e non me gustou nada,
meu amigo.
Mais eu prefiro
ir á Coruña,
a ver ao Deportivo.
Dóeme o corazón
cando pago a entrada
para ir a Riazor.
E alí dentro,
cando estamos nos asentos
poñémonos moi contentos.

Miguel Novoa


POEMA GASTRONÓMICO

Ai, plantas dos meus ollos, sacádeme uns bos cogollos!
Librádeme de todo tipo de meollos, que alegren os meus ollos.
Ai, plantas do meu amor, facede honor ao voso sabor,
Como eu respecto a vosa color,
Ai, como me gusta a miña pequena coliflor!
Oliña, se eu te pillara, aló no fondo, xunto á larada
sendo unha boa falcatruada, tereite en conta, miña amada
Ai, meu porquiño querido, canto levamos vivido,
pouco che teño coñecido pero... que ben me sabes no cocido!

Blas Domínguez

POEMAS AO AMOR


Cando á miña vida chegaches, todo o demais marchou,
e, cando dela saíches, só o vacío quedou.
Coñecerte foi un castigo;  perderte, o principio do fin.
Antes soñaba contigo, agora, non me deixas durmir.
Xa que todo rematou, non quero pensar en ti;
pois botarte dos meus soños será o mellor para min.

Pablo Amor 


É o teu mundo, a túa forma de mirar, o que fai que eu non poda... nin parpadexar.Son os teus ollos, a túa forma de pensar, o que fai que eu non poda... mirar máis alá.

Lucía Paz

                                          

POEMA  MEDIOAMBIENTAL


      O lugar onde fun nado
      agora está contaminado.
      Belos animais e plantas
      agora, son mutacións.
      Todos lle botan a culpa á contaminación
      Pero eu penso que é culpa ... da evolución.
      Antes adaptabámonos ao medioambiente,
      en cambio, agora,
      adaptamos o medio a nós.

      Esteban Medín


POEMA PARA LEVAR NA MALETA


Que ves cando miras o teu rostro nun espello?:
unha nena con ledicia, con gañas de ver o mundo enteiro!
Que ten gañas de viaxar, gañas de visitar,
Que alegra a súa faciana coa cultura mundial.
Unha viaxe é ledicia, agarimo, benestar...
Alumea a túa vida coa lámpada cultural!
Se viaxas,  alimentas doutras xentes
que coñeces no teu andar.

Bibiana Mallón