Coincidindo coa volta das vacacións da Semana Santa, os nenos e nenas de 1º curso teñen entre mans un fermoso proxecto que pretende concienzar a todos da necesidade de traballar a educación ambiental. Co triste recordo recente da queima dunha parte importante das Fragas do Eume, queremos poñer o noso graniño de area e plantar no noso xardín unhas sementes que terán un caracter simbólico. Aproveitaremos a ocasión para aprender técnicas para o coidado e traballo da terra pero sobre todo aprenderemos conductas e actitudes de protección e defensa dos nosos montes e da importancia do respeto o medio ecolóxico. Plantaremos margaridas , tomates, pemento vermello e de padrón , calabacín e leitugas. No seu momento cada neno levará algún destes produtos á casa para disfrutar coa sua familia.