miércoles, 18 de abril de 2012

Coñecemos a Don Baltasar



 Este venres día 20 de Abril disfrutaremos no noso Centro dunha función de títeres moi especial para que os máis pequechos , e os que xa non o somos tanto, coñezamos a figura de Don Baltasar a través dun conto representado por simpáticos títeres. Agradecemos o esforzo de aqueles mestres que poñen a imaxinación e o seu esforzo ó servizo dos nenos e traballan para ensinar e difundir valores dun xeito lúdico e pensado na  súa ledicia ; aprender xogando, coñecer rindo...