miércoles, 11 de abril de 2012

FESTA DA LINGUA 2012

Un ano máis, os centros de FEREGA celebraremos a participación na VIII edición do Premio “Frei Martín Sarmiento” como manda a tradición, pois a nosa lingua e mailos nosos lectores ben merecen un día de festa rachada.

ESO e 1º Bacharelato celebrarán a súa Festa en Pontevedra o martes 24 de abril.

E. PRIMARIA: celebrará a súa Festa o venres 4 de maio en Santiago.

En canto aos ADULTOS LECTORES, a primeiros de maio se lles achegarán os cuestionarios de valoración de cadanseu libro (de 1 a 10 puntos) para que os entreguedes ao EDL, ou ben na portería do colexio, ou ben ao Titor/a dos vosos fillos. Aínda que os adultos non terán Festa como os alumnos, deben de estar atentos neste blogue ás novidades que vaian xurdindo.

Fotos festa da lingua ESO e BAC
A Festa comezou cos faladoiros dos escritores participantes nas dúas categorías que abranguían ESO e Bacharelato. O noso Colexio participou con 86 lectores quen, xunto cos outros centros de  FEREGA Galicia, decidiron outorgar o Premio a:

ELENA GALLEGO, con Dragal,  Ed.. Xerais  (4ª categoría)
MANUEL NÚÑEZ SINGALA, con Menú de enganos, Ed.. Galaxia (5ª categoría).

Logo, tivo lugar unha participativa actividade dinamizadora  titulada “O segredo de Frei Martín Sarmiento e o estradivarius da lingua”, a cargo do grupo Reverso.Tamén contamos coa presenza de Anxo Fariña, e da actriz Isabel Risco quen, acompañada doutros actores, dramatizaron diversas situacións lingüísticas nunha interesante “parodia” teatral.

Despois de comer, a meirande parte do grupo decidiu perderse polas rúasde Pontevedra.. Outro grupiño, disfrutou dunha proveitosa visita ao Museo Provincial.



 Fotos festa da lingua EP





O EDL do colexio agradece a vosa participación no Premio Frei Martín Sarmiento.