jueves, 14 de febrero de 2013

CARTAS DE AMOR GAÑADORAS : CONCURSO 2013 (

Era un domingo, un día como outro calquera. Estaba paseando, á tardiña, polas rúas, mirando os  brillantes escaparates de tendas que chamaban pouco o meu interese.
De súpeto, levantei a cabeza e vínte alí, solitaria, sen compaña. Xa escoitara cousas sobre ti, os meus amigos non paran de falarme do divertida que es.
Eu pensaba que só eras unha lenda. Naquel momento, quedei abraiado coa túa beleza. Pensei seguir camiñando e finxir que non pasara nada, pero non o fixen. Dei un paso adiante para achegarme a ti. A primeira vista, amosabas  intelixencia e parecíasme  moi atractiva. Xa sabía que me gustabas moito. Decidín entrar na tenda onde te encontrabas e levarte á miña casa para que xogásemos xuntos.
Para ti, Xbox 360, a miña consola favorita.

CARLOS DOPICO   2º ESO                   




Namoreime de ti a primeira vez que te vin nun centro comercial de A Coruña porque a túa  pel  de cor café con leite deixoume abraiada. Cando te volvín ver, leveite a miña casa.
Cada vez que estou contigo fásme a muller máis feliz do mundo e, cando saímos xuntos á rúa, presumo de ti. As miñas amigas vólvense tolas  cando te levo conmigo.
Grazas por todos os bos momentos que pasamos xuntos e quero que saibas que sempre serás...  o meu bolso favorito.

GEMA PAIS   2º ESO









Grazas. Moitas grazas por todo o que me ofreces, por todo o que me dás e por aparecer na miña vida.
Ti es a razón do meu sorriso ao erguerme pola mañá. É como se parase o tempo ao estar xuntos... Un momento de ledicia.
Grazas de novo por ser como es e por darme a oportunidade de estar contigo, por aceptarme tal e como son e... por moitas cousas máis.
Quérote moito, meu gatiño Miziño, que levas comigo dez anos da miña vida.   

ROCÍO VÁZQUEZ   2º ESO








Escríboche esta carta porque sei que non a vas ler. O pulso altéraseme só con pensar que ti, a pesares de saber que non podemos estar xuntos. O meu amor por ti é imposible e doe tanto que, de seguido, asolaga os meus ollos. O meu amor é tan inmenso que se tatuou na miña alma e non o podo arrincar de min. É unha sombra implacable que se me aparece a cada intento de esquecerte...
Oxallá o noso tempo non fora pasado. Oxallá non o tiveramos deixado...
Grazas por regalarme os momentos máis felices.

ANDREA RAMOS   3º ESO

        Enfróntome a este branco papel coa intención de plasmar nel algún deses recordos que non quixera esquecer xamais.
Esta maldita enfermidade alónxame cada vez máis de ti e de todo o que máis quero neste mundo.
Lembras da primeira vez que nos vimos? Fora nas festas da túa parroquia. Eras unha rapaciña tímida, estabas coas túas amigas e, dende que cheguei a aquela festa, sabía que ti serías a muller da miña vida... E así foi. Toda unha vida por diante para quererte.
Pódeste preguntar cal foi o día máis feliz. Ben. Lembras a vez que ías vestida de branco diante dun altar? Foi ese día, no que casamos, cando xurei amarte por sempre... E así foi. Toda unha vida por diante para quererte.
Logo, chegaron os fillos. Agora, os netos.
Só lle pido a esta enfermidade que me dea tempo suficiente para rematar de quererte.

PEDRO VIDAL   3º ESO

Escríboche a ti, miña terra querida, que me veu nacer e crecer.  Escríboche porque me sinto protexido nas túas entrañas, porque sinto que ti dasme acubillo nas noites de soidade.
Ti, miña terra amada, dasme paisaxes, árbores verdes, belas pradeiras e preciosas leiras. Ti, Galicia, dasme a natureza que desexaba. Axúdasme a seguir adiante cando me atopo lonxe. Ti dasme palabras das que me sinto orgulloso. Nas túas rías agochas o peixe que me serve de alimento.
Meu amor, tes unha alma grande e frondosa onde se agochan os teus doces segredos: pazos, ermidas, cruceiros, castros... Pedras antigas coas que namoras tamén aos que veñen de fóra.
Quérote a ti, Galicia, porque es auténtica e poderosa.    

DANIEL VIDAL   3º ESO




Un día tratei de amañar o que se rachou en anacos que caeron deste corazón. Pero para non facerche dano, prefiro estar soa e respirar a miña soidade.
Non tivemos o valor, meu amor, para recoñecer que o inverno deixou no ar o seu triste final. Para ti serán as miñas bágoas. E por ti marcharei sen mirar atrás. Pero non deixarei de lembrar o teu corpo entre as miñas mans debuxando o mar. Non poderei volver respirar.
Hoxe acepto que non son eu.
Que difícil é dicir adeus e pensar que fomos algo máis que dous...!  Fomos moito máis que dous.

LAURA TEIJEIRO 4º ESO

Como esquecer aquel día tan especial?
Non sei que me está a pasar. Nos últimos días só soño contigo. Que foi o que me provocaches? Este non son eu. Fas que todo o meu corpo se estremeza de ledicia ao verte, ao escoitar a túa voz, ao mirarte, cando me miras, cando me tocas...
Posiblemente, non sintas o mesmo ca min pero sei que ese sorriso que brilla tódolos días na túa cara cada vez que me miras, é por algún motivo.
Estou disposto a namorarte completamente. Estou disposto a ser eu quen te abrace en tódolos momentos. Decátate que, grazas a ti, o meu corazón acelérase sen control.
Encantaríame poder facerte feliz e... que todo o mundo me preguntara o motivo da túa felicidade.

MIGUEL NOVOA 4º ESO

AMOR, palabra de catro letras que significa tanto !
A primeira vez que te vin estabas no alto das escaleiras dun centro comercial e sentín bolboretas no estómago cando a túa ollada quedou fixa na miña. Ti es o único que me fai sentir a persoa máis forte do mundo porque, con só unha palabra, fas que as miñas mágoas tornen alegrías, que por uns segundos esqueza as penas.
Cando me falaban de amor, de cativa, imaxinaba un príncipe azul como o de Cincenta, que todo sería de cor de rosa. Eu non serei unha princesa nin ti un príncipe azul pero... fasme sentir como unha princesa no reino da felicidade no que só ti mais eu somos os únicos habitantes, reino que día tras día imos construíndo con cada palabra, con cada aloumiño... a nosa historia de amor.
Ti es quen me fai sorrir, quen con só unha ollada me transportas a un mundo imaxinario. Ti es quen, con cada aceno, fas que non poida deixar de pensar en ti. Ti es o meu primeiro pensamento e o meu último soño.
Grazas por agasallarme con cada segundo ao teu carón. Un “quérote” teu sabe a chocolate á taza, doce e apetecible.

RAQUEL CORTÉS 4º ESO

O EDLG felicita, de CORAZÓN, aos alumnos premiados e agradece a tódolos participantes que fixestes posible este Concurso.
Parabéns !!!




miércoles, 13 de febrero de 2013

1º EP: UN DÍA DIFERENTE

El pasado Viernes de Carnaval los peques de 1º de E.P. tenían una importante cita en el Palacio de la Ópera;

ello impidió que pudiesen celebrar la fiesta de disfraces como el resto de compañeros... pero en compensación...
¡tatá tatá tatá!: tuvieron toda una mañana DE JUEGOS en su propia aula. Trajeron comida típica de esas fechas
para compartir (algunos incluso la bebida, otros tartas caseras...) En fin...  los números, los ábacos, los CDs, 
los teclados, las plantillas de dibujo, los rotuladores, las regletas, el guiñol... adquirieron una nueva dimensión
sin ataduras de horario y programación.Diversión y aprendizaje se fusionaron espontáneamente.














martes, 12 de febrero de 2013

VIDEOS DE CARNAVAL

Y después de las bonitas fotos publicadas por Cris, por fin tenemos ya los vídeos de las actuaciones con las que nuestros alumn@s de E.I. y E.P nos deleitaron el pasado viernes, 8 de febrero. Aquí tenéis los links; sólo tenéis que pinchar sobre ellos y....¡a disfrutar!:

*Blancanieves y los Siete Enanitos:
 http://www.youtube.com/watch?v=C8HnnNQxtM8&feature=youtu.be

*Carnaval Pitufo:
https://www.youtube.com/watch?v=pzMr00Tz0rA

*Gangnam Style:
http://www.youtube.com/watch?v=NNjfzpeYNtc

*Carnaval Mix:
http://www.youtube.com/watch?v=uCJECydvnME


*Snow Whites and the Hundred Dwarves (versión en inglés para la página web de "Triple AAA-All About Apples" - leyenda alemana:
http://www.youtube.com/watch?v=2mhIbCROQHc

domingo, 10 de febrero de 2013

sábado, 9 de febrero de 2013

Concierto Didáctico para E.P y fotos


 Los próximos días 7 y 8 de febrero, alumnos de 1º y 2º ciclo de E.P asistirán a un Concierto Didáctico en el Palacio de la Ópera (La Coruña) titulado "El Cascanueces"; 120 años después de su estreno, la OSG y el Centro Coreográfico Gallego ofrecen una selección del ballet creado por Chaikovski en la que el espectador podrá redescubrir melodías conocidas, pero esta vez acompañadas por la riqueza visual que aporta la coreografía de los bailarines. Una oportunidad única de disfrutar de una obra de arte.
 Dicha salida se realizará en horario lectivo, de 9:30 a 13:50 horas.
















jueves, 7 de febrero de 2013

TRABALLOS DO ENTROIDO

Dadas as datas nas que nos atopamos, non será preciso explicar de onde saen  estas estupendas obras de arte, verdade que non?  Pero como sempre hai algún que vai con retraso tentarei explicalo:
Os alumnos dende 3º EP ata 1º da ESO fixeron moitos traballos, pero como non todos os podemos publicar, aquí vos deixo unha mostra deles.
























martes, 5 de febrero de 2013

TRABAJO COOPERATIVO


EL APRENDIZAJE COOPERATIVO


"El trabajo del maestro no consiste tanto en
enseñar todo lo aprendible, como en producir en el
alumno amor y estima por el conocimiento".
John Locke (1632-1704)

 Los profesores podemos y debemos ser, en todo momento, fundamentalmente educadores, en el más amplio sentido de la palabra, ni jueces ni miembros de un tribunal calificador. Nuestra acción no tendría que limitarse a sancionar conductas inadecuadas o a evaluar fríamente los conocimientos del alumno, el diálogo profesor-alumno y alumno-profesor es esencial. Entender al alumno como persona, que tiene una dimensión superior al de mero estudiante, es imprescindible para comprender sus problemas y poder ayudarlo a resolverlos. 

Por otra parte, el profesor es el mediador en los procesos de aprendizaje, como motivador, como transmisor de mensajes y como seleccionador de los estímulos y refuerzos que llegan al alumno. Sabe además que las aptitudes intelectuales, psico-motoras, procedimentales, estratégicas son importantes, pero sólo tienen sentido si están al servicio de las actitudes. Es la actitud mas la amplitud lo que hace competente a la persona en cualquier actividad. 

 En nuestro Centro apostamos por un nuevo modelo de educación , trabajando y formándonos de forma continuada para mejorar día a día la calidad de enseñanza.

 Estamos trabajando con gran ilusión en un proyecto de INNOVACIÓN
 (" Grupo Innova" ) y se están llevando a cabo -desde principio de curso -interesantes iniciativas por parte del profesorado que está muy involucrado en este cambio.

 Una herramienta sumamente interesante -tanto desde la perspectiva de los resultados académicos como de la práctica en habilidades sociales- es el llamado Aprendizaje Cooperativo. 

Hay que reconocer que la enseñanza debe individualizarse, en el sentido de permitir a cada alumno trabajar con independencia y a su propio ritmo. Pero es necesario promover la colaboración y el trabajo grupal, ya que éste establece mejores relaciones con los demás alumnos, aprenden más, les agrada la escuela, se sienten más motivados, aumenta su autoestima y aprenden habilidades sociales más efectivas al estudiar, aprender y trabajar en grupos cooperativos. 


El Aprendizaje Cooperativo es una estrategia que promueve la participación colaborativa entre los estudiantes. El propósito de esta estrategia es conseguir que los estudiantes se ayuden mutuamente para alcanzar sus objetivos. Además, les provee para buscar apoyo cuando las cosas no resultan como se espera.

Aquí les dejamos una de las iniciativas llevadas a cabo este trimestre por los niños de 2º de E.P; "El Sol, la Luna y la Tierra".

1.Tras un trabajo de investigación previa los niños elaboran en grupos el Sol, la Luna y la Tierra". Se reparten las tareas y modelan los astros de modo que el trabajo es individual y cooperativo.





VIDEOS TRABAJO COOPERATIVO:2º E.P
Nuestro Universo.
 Trabajamos y nos ayudamos, todos tienen mucho que aportar:
*
 http://youtu.be/0MUctTwpRyE

Dialogan y practican su explicación, comparten ideas e impresiones hasta llegar a consenso:
*http://youtu.be/izM_dbN8g6c

Una vez que nos hemos organizado, repartimos nuestros papeles, nos organizamos y explicamos lo aprendido:
*http://youtu.be/XrnnHxb-QyM
*http://youtu.be/3AKYtiFm63I
El siguiente paso será difundir lo aprendido ( Clase de 5 años) y ayudar a los más peques a desmitificar ideas erróneas y asentar las bases para comprender este tema.