martes, 20 de mayo de 2014

XIRA AOS CANEIROS

Os alumnos de 5º e 6º EP realizaron unha  xira aos Caneiros ofertada polo Concello. Para a maioría do alumnado era a primeira vez que realizaban, nunha barca, un paseo fluvial polas marxes do río Mandeo. No traxecto explicáronlles como o Concello de Betanzos comprou o campo ao Concello de Coirós, e tamén a orixe da romería como parte do programa das festas de S. Roque. Os días 18 e 25 de agosto, os betanceiros dirixíronse ao campo dos Caneiros de forma moi diversa para pasar un día de festa.Os alumnos quedaron abraiados cando viron unhas fotos antigas onde a xente ía á romería toda traxeada e en barcas decoradas para tal festividade (para eles, esa non era a idea que tiñan desa festa)
    Xa no campo os alumnos realizaron diversos xogos e tomaron o aperitivo para repoñer forzas. Á volta, xa comezaran a cantar pois viñan máis relaxados.

A PARTIRES DE AGORA , PROMETEN PARTICIPAR ACTIVAMENTE, DUNHA MANEIRA LÚDICA E ADECUADA , NESTA ROMERÍA.