lunes, 19 de mayo de 2014

EXPOSICIÓN:" A MULLER NAS ARTES E NA CIENCIA"

Durante a primeira quincena de maio os alumnos de ESO e Bacharelato puideron complementar a súa aprendizaxe a través desta exposición, cedida desinteresadamente pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e na que o Departamento de Orientación do noso colexio tivo un papel impulsor.
Localizada na biblioteca, a exposición constaba de 15 paneis que reflectían, cronoloxicamente, a lenta, pero imparable incorporación da muller ao mundo do coñecemento, dende a Antigüidade ata o século XX. Esas mulleres foron pioneiras nunhas épocas nas que o acceso á educación e á sabedoría lles estaba vetado. 
Profesoras de distintos Departamentos prepararon propostas didáticas específicas, xogos, buscas interactivas… para facer máis dinámica a temática da exposición.  Ao longo de varias sesións, os alumnos ían recopilando datos cos que realizaron diferentes tarefas multidisciplinares (Humanidades, Ciencias e Artes).
Esperemos que iniciativas tan interesantes coma esta se volvan repetir.