Eles mesmos indicaban as posibles melloras...
MÁQUINAS SIMPLES
-Realizan un traballo mecánico.
-Todas as súas partes son sólidos ríxidos.
-Son máquinas que posúen un só punto de apoio.
-Varían segundo a situación do seu punto de apoio.
-Os elementos fundamentais son:
-O punto de apoio, forza motora ou potencia e forza de resistencia.
-Producen a transformación da enerxía que reciben.
-Utilizan a enerxía para funcionar.
-A enerxía que reciben para o seu funcionamento non é aproveitada completamente, debido a que parte desta se perde na fricción ou rozamento.
-Limítanse a transformar enerxía.
-O esforzo e a carga son as forzas máis importantes das máquinas simples.
-Realiza un traballo determinado.
MÁQUINAS COMPOSTAS
-Este tipo de máquinas caracterízase por ser aquelas que resultan do acoplamento de varias máquinas.
-As máquinas compostas son combinacións destes 6 tipos de máquinas simples: -pancas, poleas, rodas e eixes, planos inclinados, parafusos, cuñas.
-Posúe dous tipos de combinacións:
-Polipastos e engrenaxes.
-Construír unha máquina composta significa poñer en interrelación unha determinada cantidade de máquinas simples.
-Cada unha das pezas que conforman unha máquina composta chámase operador. Hai dous tipos de operadores: mecánicos e enerxéticos.
Así a través de máquinas e reloxos puideron comprobar que co paso do tempo todo cambia. Como eran antes e como son agora esas máquinas, como a partir de máquinas simples van xurdindo pouco a pouco novos avances. Comprobaron polo tanto que o paso dos segundos, minutos e horas ,co simple movemento das agullas do reloxo, van xurdindo novos días e así o tempo vai pasando e co seu paso todo cambia xurdindo novas ideas.
Polo voso interese e dedicación emprazámosvos para futuros proxectos nestas dúas materias.