sábado, 15 de marzo de 2014

EXCURSIÓN 1º CICLO DE E.P A SANTIAGO DE COMPOSTELA


 O  pasado venres 14 de marzo, alumnos de 1º e 2º de E.P visitaron a cidade de Santiago de Compostela. Comezamos o noso itinerario por unha visita ao Museo do Pobo Galego onde os pequenos puideron disfrutar das salas permanentes adicadas ao mar, aos oficios, ao campo, ao traxe, á música, ao hábitat e a arquitectura, á sociedade e á prensa e a imprenta. Dispón tamén de seccións de arqueoloxía e de arte.

 Lonxe de encerrar no ámbito físico do museo todo o complexo fenómeno cultural, este Museo, proporciona un compendio da diversidade de Galicia, que sirve como referencia para a valoración das distintas manifestacións dentro do conxunto e para impulsar o interese polo coñecemento directo e a procura de alternativas de futuro para a tradición.
 Ademáis da exposición permanente puidemos contemplar unha exposición temporal de produción propia que pretende reivindicar o oficio das tecelás. O oficio de tecelá era exercido case exclusivamente por mulleres que como aquela da cantiga teñen  “... o pé na premedeira e a lanzadeira na man” achegando importantes ingresos á economía da casa.
 Finalizamos a mañá cunha visita á Catedral e a Praza da Quintana.

Os nenos disfrutaron dun fermoso día no que cultura e diversión quedan reflectidos nestas fotografías.