lunes, 31 de marzo de 2014

CHARLA SOBRE OS TIPOS DE ECÓGRAFOS



O 27 de marzo os alumnos de 5º EP recibiron, na aula, a visita da nai de Roi P. V. para participar nunha charla-coloquio sobre os diferentes ECÓGRAFOS, coñecer tres tipos de sondas (lineal, convexa e sectorial) e que se aplican a distintas partes: abdome, corazón e pel. O alumnado puido observar e ver como é a técnica médica de exploración dos corpos a través de ondas electromagnéticas ou acústicas. Esta actividade lúdica-pedagóxica foi de grande interese para eles e ademais, puideron completar a información con revistas relacionadas co tema.

GRAZAS Patricia por compartir con nós o teu tempo e a túa experiencia.