O escritor ourensán recolleu o premio
correspondente á categoría de adultos o venres 14 de xuño no salón de actos do
noso colexio.
Na quenda de preguntas, Antón Riveiro comentou aos asistentes o longo e complexo proceso de elaboración da súa novela “Laura no deserto”, que lle levou 6 anos e da que compilou abundante documentación. Inspirándose nun personaxe real, comezou a tecer o argumento partindo de historias aparentemente distantes en temática, cronoloxía e escenarios.
Á
pregunta de por que elixir temáticas tan recurrentes como a guerra civil ou a
segunda guerra mundial, o autor dixo que estes temas non deberían estrañar pois
forman parte dunha memoria moito máis
reciente do que parece. Ao seu parecer, a literatura debe de ser un instrumento
capaz de cambiar o mundo.
Aínda que recibiu algunha proposta de levar a
novela ao cinema, a Antón non lle preocupa moito o tema pois prefire que cada
lector imaxine o relato e os personaxes á súa maneira.
O EDLG agradece especialmente aos alumnos Jesús
Couceiro, Miguel Novoa e Daniel F. Estrada pola súa colaboración co soporte
técnico.
Tamén aproveitamos para agradecer a todos aqueles alumnos/as que
animastes aos vosos maiores a participar nesta actividade que contribúe a
vincular aínda máis ao centro coas familias.
O PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO TEN SENTIDO GRAZAS A VÓS.