domingo, 16 de junio de 2013

A maceira que daba calquera cousa menos mazás

 Supoñamos que unha maceira non pode, de primeiras, cumprir coa que se considera unha das funcións da súa existencia... ¿sería este motivo para acabar con ela? Hai que deixar que o tempo siga o seu curso e, sempre que teñamos a capacidade de reinventarnos e de crer nas nosas posibilidades,a espera será xustificada. Igual que as árbores e os seus froitos, as persoas medramos a un ritmo diferente que non se pode forzar se non queremos quedar na metade do camiño.
 Este é o fermoso argumento da obra elexida polos alumnos de 2º de E.P para realizar un traballo  para conmemorar os premios Frei Martín Sarmiento
Pinto&Chinto: A maceira que daba calquera cousa menos mazás.
Ilustraciones de Pinto

Col. Rañaceos. Everest Galicia. A Coruña, 2011


  Repartíronse as tarefas; escritores e ilustradores fixeron unha interpretación do conto que logo colocamos na árbore do Centro e que calquera que o desexe, pode ler ao entrar na escola.
 Dito traballo serviunos tamén para coñecer como nacen as mazás e as diversas variedades e tipoloxías que desta froita podemos atopar no mercado.