miércoles, 21 de marzo de 2012

MUSEO DO POBO GALEGO

Os alumnos de 5º EP, o día 28 de marzo, farán unha visita  ao Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. Participarán en actividades didácticas entre as que destacará un xogo de pistas para coñecer as instalacións do museo. Esta actividade canalízase fundamentalmente a través do Departamento de Educación e Acción Cultural, que promove e desenvolve programas de achegamento a esta  institución. Outro dos obxectivos da actividade será divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos.

SERÁN CAPACES DE SUBIR  TODAS ESTAS ESCADAS?