Os días
13 e 14 de abril iniciaremos unha andadura que pretende resultar de interese tanto para os/as profesionais da educación, como para as familias, en xeral.
Nesta xornada que abrangue tódolos tramos educativos, ademais da formación e as aplicacións prácticas, abordaranse aspectos tan importantes como a sensibilización na aceptación da diferenza non como un problema, senón como un valor e, en última instancia, un reto. Asemade, é un propósito fundamental desta XORNADA o inicio dun camiño de colaboración, de protocolización, e de asunción de dinámicas cooperativas entre os diferentes centros educativos: colaboración entre os centros que imparten Educación Infantil, Primaria e Secundaria, posto que as individualidades e necesidades específicas do alumnado han de ser atendidas en todos os tramos educativos.
Para iso contaremos con profesionais de recoñecido prestixio dentro do campo da Atención á Diversidade
Por tal motivo convidámolos/as a participar activamente desta acción formativa
Cómo inscribirse:
Dirixido a: Persoas interesadas, en xeral, e docentes, en particular
Prazas limitadas: As solicitudes atenderanse por orden de inscrición
Data límite inscrición: 11 de abril de 2012