martes, 29 de abril de 2014

FESTA DA LINGUA EP

Este ano 51 alumnos de 3º a 6º curso (2ª e 3ª categoría) asistiron, o día 24 de abril, no Colexio La Salle de Santiago de Compostela á Festa da Lingua e así, potenciouse o fomento da lectura, coñecemento de obras, autores…, interactuar con outros centros de ensino  e convivencia entre o alumnado do propio Centro.
    Participaron nas seguintes actividades:

- Actuación de Cristyan Magic.



- Representación teatral: Un avó especial do grupo Migallas Teatro.


Tamén, esperamos a visita no noso Centro dos escritores UHÍA MANUEL e SOLAR MARÍA xa que non houbo os faladoiros cos mesmos.


Xa que o tempo non axudou moito, comemos no Seminario Menor onde os alumnos compartiron momentos moi bos.

  
 E no Centro Comercial puideron mercar os seus xeados e...máis de un "disfrutou coma un meniño" gha,gha.  Mirade, mirade!




GRAZAS a todos os alumnos polo bo comportamento e ÁNIMO para seguir aumentando o prestixio da lingua o vindeiro curso.