lunes, 28 de abril de 2014

CHARLA- COLOQUIO CO ESCRITOR ANXO FARIÑA


Os alumnos de 5º e 6º EP, o día 25 de abril, gozaron coa visita do escritor e ilustrador ANXO FARIÑA. Este, deleitounos cos seus comentarios sobre o libro "A chave da Atlántida" e as súas propias ilustracións que realizou no mesmo  momento da conversa; ademais, contestou as preguntas que lle plantexaron os rapaces e asinou a cada un deles a súa propia obra.
    Unha hora máis tarde, Lara de 5º EP xa quixo comezar a ler o outro libro titulado "MEGATOXOS".
    O escritor mandou camiñar a Diego Fernández de 6º EP e ao velo debuxou o personaxe que lle inspiraba o seu camiñar.