viernes, 26 de abril de 2013

Contacontos 1º Ciclo de E.P


 O pasado martes 23 de abril  tivemos o pracer de ter entre nós a Mª Inés Cuadrado que ademais de contarnos unha fermosa historia," Clara e a lúa", sacudiu o noso interese polos libros coma entes cheos de historias, cheos de vida...
 Os rapaces escoitaron atentos entre risos e caras de ledicia e tiveron a oportunidade de participar na dramatización do conto. O final de dito conto quedou aberto para que cada un deles pensase nun final diferente e así deixar voar a súa imaxinación.
  Moitas grazas Inés, esperamos que voltes axiña con novas historias que nos fagan soñar!