domingo, 6 de abril de 2014

Proxecto cooperativo 1º de E.P

CONTOS PARA ERGUERSE
 Ao longo do mes de febreiro, alumnos de 1º de E.P desenvolveron un proxecto cooperativo no que os contos foron os protagonistas. Divididos en grupos de catro e cinco alumnos, elexiron un tema  por grupo: contos de animais, príncipes e princesas, historias cotiás, biografías, contos de medo, historias do mundo....
 Prepararon o seu conto para saber contalo e escenificalo, ensaiando e axudándose entre eles. Asimesmo invitamos ás familias a que compartisen connosco contos e historias na aula .
 Queremos agradecer a todos e a cada ún a súa colaboración. Compartimos momentos que non esqueceremos e aprendimos moito entre todos. Grazas por facer posible unha escola aberta ao mundo na que todos formamos parte do proceso educativo dos nosos pequenos.
 A Yolanda, Javier, Patricia, Óscar, Ana, Pepita e Pibe, Pepe, Pili, Lorena , Rosa  e Xan...uns fantásticos contacontos que encheron de maxia  a nosa aula. Grazas de corazón!