martes, 29 de abril de 2014

FESTA DA LINGUA 2014 EN PADRÓN


Cincuenta e dous rapaces da ESO celebraron este ano a Festa da Lingua na vila natal de
Rosalía.
Percorreron as estancias da casa-museo da escritora, acabadas de renovar.
No auditorio foron recibidos por Anxo Angueira, presidente da Fundación, e por Xosé
F. Martínez Reboiras, presidente de Escolas Católicas de Galicia.
Logo da proxección dun video, tres dos nosos alumnos honraron a memoria da nosa
autora recitando poemas como “Un gaiteiro repoludo”, “Adiós ríos...” e “Miña casiña,
meu lar”.
A continuación, desprazáronse ao centro social de Padrón que acolleu a actuación de
Celso Sanmartín, engaiolando aos asistentes coa súa maneira de contar historias.
O fin de festa foi musical, a cargo da cantante Uxía, quen interpretou pezas do seu
último disco “Rosalía pequeniña” . Unha voz privilexiada que animou aos rapaces a
subir ao escenario e participar da música.
As fotos do evento poden verse no seguinte enlace :
Fotos festa da lingua 2014
Por distintos motivos, os escritores da 4o e 5a categoría non puideron acudir ese día pero
a organización do Premio Frei Martín Sarmiento comunicou que algún deles visitará o
noso centro en próximas datas.