Este ano 51 alumnos de 3º a 6º curso (2ª e 3ª categoría) asistiron, o día 24 de abril, no Colexio La Salle de Santiago de Compostela á Festa da Lingua e así, potenciouse o fomento da lectura, coñecemento de obras, autores…, interactuar con outros centros de ensino e convivencia entre o alumnado do propio Centro.
Participaron nas seguintes actividades:
- Actuación de Cristyan Magic.
- Representación teatral: Un avó especial do grupo Migallas Teatro.
Tamén, esperamos a visita no noso Centro dos escritores UHÍA MANUEL e SOLAR MARÍA xa que non houbo os faladoiros cos mesmos.
Xa que o tempo non axudou moito, comemos no Seminario Menor onde os alumnos compartiron momentos moi bos.
E no Centro Comercial puideron mercar os seus xeados e...máis de un "disfrutou coma un meniño" gha,gha. Mirade, mirade!
GRAZAS a todos os alumnos polo bo comportamento e ÁNIMO para seguir aumentando o prestixio da lingua o vindeiro curso.