O pasado 7 de febreiro 5º e 6º EP visitaron V Televisión. Na mesma xornada estiveron na Fundación Santiago Rey Fernández La Torre-museo.
As características da visita consistiron
nun: a) Percorrido por V Televisión,
b) redacción central de La Voz de Galicia, c) planta de impresión e d) Museo de prensa
e artes gráficas.
Ao
longo do percorrido fomos acompañados por persoal da Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre que se encargou
de explicar todos os detalles do funcionamento da televisión e do xornal,
resolvendo as dúbidas que foron xurdindo en cada momento.
Os momentos na
visita máis atractivos foron …:
Ø
No Plató de informativos, algún
alumno fixo prácticas de presentador de informativos lendo unha noticia recente
de interese público. Esta actividade gustoulles por participar dun xeito activo e ademais verse algúns nunha pantalla
de televisión.
Ø
Nos
chamaron a atención as “dimensións” da planta de
Rotativas xa que son moi grandes, non só pola súa superficie senón tamén pola
súa altura. Todo isto se debe, entre outras cousa, ás prensas offset (onde
imprímense os xornais) e os enormes rolos de papel chamados bobinas (unha grande
ten un peso ±1,5 t = 1.500 kg e lonxitude ± 26 km). Nunha xornada imprimen ata
140.000 unidades de La Voz de Galicia e utilizan ± 18 bobinas grandes e sempre con papel reciclado.
Ø
Rematamos
a visita no Museo.
Trátase dunha instalación única no seu xénero en todo o mundo, xa que recupera
para curiosos e investigadores, cabeceiras de todas as épocas da historia do
periodismo e de todos os cantos do planeta. Preto
de 5.000 exemplares de xornais e revistas, ademais, 38 máquinas de produción xornalística compoñen os fondos do Museo expostos nunha sala de 1.200 m2.