jueves, 27 de febrero de 2014

CÓNTASME UN CONTO?

Os contos son case tan antigos coma a vida mesma. E a costume de contar contos ha ido transmitíndose de xeración en xeración, de avós a netos, de pais a fillos,…… Os contos infantís posúen unha narración clara e teñen unha sinxela comprensión. Con eles melloramos a capacidade de comprensión do rapaz, e axudámoslles a desenvolver a súa capacidade de comunicación, aumenta e desenvolve o seu vocabulario, a súa fantasía, a súa imaxinación…¡¡ e o amor pola lectura!! Onte , 26 de febreiro, a través da editorial Anaya, os rapaces e rapazas de educación infantil disfrutamos con YAGO, e o seu contacontos "O APRENDIZ DO HOME DO SACO", foi todo un espectáculo, os rapaces disfrutaron dende o principio ata o final. Déixovos unhas fotos que o din todo.