sábado, 25 de mayo de 2013

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE CONTOS


Neste mes ,tivemos o pracer de ter entre nós a Manuel Guisandeescritor de literatura infantil, xornalista e  guionista de curtometraxes. 

Os   alumnos de  4º de E.P. poideron    gozar  dos  ensinos  do creador das  aventuras   de    Rodribico (coleción de  contos dispoñibles   en  galego , castelán e    portugués) durante  un obradoiro de elaboración de   contos  en dúas  sesións. 



No primeiro encontro, o autor tratou  aspectos básicos  para   escribir un conto (idea,desenvolvemento...) así coma aspectos chaves dás ilustracións e poder crear un debuxo partindo dun garabato. 

   Dous    días  despois, comprobou     que as súas palabras foron ben aproveitadas e escoitou con atención os traballos creados.

   


Tódolos  alumnos  foron  felicitados  polas  historias presentadas,  e unha delas "O gato e os pementos de Padrón", resultou tan  interesante e divertida   que non parabamos de rirManuel Guisande animoulles a todos e en particular  a Francisco Fernández a seguir traballando coas súas ideas. 

Rematou lembrando que, con traballo e adicación acadarán  os seus obxectivos  e  tamén que deberán ter sempre presente  a imaxinación  nos seus contos.