viernes, 17 de mayo de 2013

FOTOS “XVIII Día de la Ciencia en la calle”

 Como vimos facendo dende anos atrás, este ano 10 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato participaron no “XVIII Día de la Ciencia en la calle”, que se celebra no parque de Santa Margarita, na Coruña e que está organizado pola asociación: amigos dos museos científicos



 
Os nosos alumnos expuxeron experimentos sinxelos e fáciles de explicar a todos os visitantes como:

-     Fabricación dun extintor caseiro con vinagre e bicarbonato.

-     Comportamento dun líquido non newtoniano (formado por unha mezcla de auga e maizena) ante as ondas sonoras.

-     Como sacar unha moeda dun plato con auga sen mollar os dedos.
O diablillo de Descartes, que consiste en facer baixar e subir neste caso, un conta- gotas nunha botella chea de auga, pola presión que se exerce sobre ela.





  Foi unha xornada de convivencia entre eles e tamén con rapaces doutros centros, que ademais este ano ,se veu favorecida polo bo tempo e da que todos quedamos moi satisfeitos.


  Dúas alumnas participaron no concurso Cocacoleando, patrocinado pola empresa Begano, que consiste en ir encontrando a resposta a diferentes preguntas, movéndose polos museos científicos, e despois elaborar un informe no que se inclúen fotografías e outros datos obtidos durante o percorrido pola cidade.

“Felicitámolas , pois recibiron o quinto premio dun total de 25 grupos participantes”.