Como xa moitos de vos sabedes, este curso estamos a participar dende o noso colexio nunha campaña solidaria de recollida de tapóns de plástico para axudar a Lola, unha nena afectada de parálise cerebral infantil, doenza que lle causará serias limitacións ao longo da súa vida se non se remedia con múltiples e longos tratamentos médicos, de fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional…..
Dende aquí, no nome da familia de Lola e tamén no nome do colexio
queremos agradecer a colaboración a tódalas familias e tamén aproveitamos para
pedirvos a todos que sexades coidadosos á hora de seleccionar os tapóns ou
tapas de plástico que son axeitados para esta campaña, xa que se incluímos
obxectos non axeitados, as empresas que
reciclan e procesan estes tapóns pagarán menos por tonelada dos mesmos, o que
supón unha contrariedade importante para o éxito da campaña.
Se tedes dúbidas, no seguinte enlace podedes encontrar detallados todos
os tipos de tapóns e tapas que son aptos para esta campaña.
Moitas grazas pola vosa colaboración e a xuntar moitos tapóns para
conseguir entre todos que Lola teña unha mellor calidade de vida.