Velaivai o listado de libros finalistas das 5 categorías da IX edición do Premio Frei Martín Sarmiento, por se alguén quere comezar a lelos.
Non é preciso que os merquedes posto que ao longo deste mes esperamos recibilos no colexio. Se queredes, tamén podedes pedilos en préstamo nas bibliotecas.
Como sodes moitos en cada categoría (este ano hai 162 participantes) e as editoriais envían poucos exemplares, os responsables teñen que levar un seguimento rigoroso das lecturas.
Lembrade que tedes ata o 1 de abril para lelos e valoralos (de 1 a 10 puntos).
De vós, xunto con rapaces doutros centros de toda Galicia, vai depender o nome do gañador do Premio.
1ª CATEGORÍA (1º e 2º de EP):
- MARÍA SOLAR, Vou ter un irmán, Ed. Galaxia.
- PINTO & CHINTO, A maceira que daba calquera cousa menos mazás, Ed. Everest.
- GUISANDE, MANUEL, Rodribico e a noite, Baía Edicións
2ª CATEGORÍA (3º e 4º de EP):
- SILVESTRE GÓMEZ, XURXO, Ti non xogas, Ed. Xerais.
- CORTIZAS, ANTÓN, Rosalía e os equinodermos, Ed. Tambre.
3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP):
- FARIÑA, ANXO, A chave da Atlántida. Ed. Xerais.
- CARREIRO, ABRAHAM, Xoeliki, Ed. Sotelo Blanco.
4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO):
- COSTAS LETICIA E TOBARUELA PERE , Mortos de ningures, Ed. Everest .
- FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN, Fantasmas de luz, Ed. Xerais.
5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO e Bacharelato):
- LAREDO VERDEJO, CARLOS, Lena e o lobishome, Ed. Tambre.
- RIVADULLA CORCÓN, O noso amor será eterno, Ed. Xerais.
O EDLG do colexio tamén vos agradece que animedes aos vosos maiores a que participen na categoría de adultos, pois...
"Familia que le xunta, permanece unida"
Máis información en :