Cada neno elexiu un animal, aquel que máis lle gustou, e buscou información na casa coa colaboración da familia. Algúns traballos estaban moi ben elaborados polo que se decidiu facer unha pequena biblioteca aberta a todos.
Xuntáronse na clase de 3 anos e todos xuntos fixeron carteis de cada animal , picaron, recortaron e puxeron por escrito a información obtida.
Queremos darlle os parabéns a alumnos e mestras e as grazas ás familias pola colaboración obtida. Foi unha fermosa experiencia.