jueves, 23 de febrero de 2012

"Bonilla a la vista"

O día 14 de febreiro os alumnos/as de 3º e 4º de EP realizaron unha saída programada para a segunda avaliación á fábrica de patacas de “Bonilla a la vista” que ten no Polígono de Sabón, Arteixo - A Coruña.

                        Ao comezo da actividade (guiada), por precaución e hixiene, puxéronlles unha bata para facer o percorrido do proceso de fabricación, xa que o obxectivo principal das novas normas de hixiene xerais é garantir un elevado nivel de protección dos consumidores en relación coa seguridade alimentaria.

A fábrica é pequena, pero moi ben coidada e organizada podías ver o proceso industrial perfectamente, a zona de descarga da pataca, a zona de pelado, de lavado, corte (vimos o amidón compoñente da pataca), frixideira (patacas fritíndose), e envasado (unhas cubetas recollen as patacas, pésanse e se embolsan). As bolsas métense en caixas e lévanse ao almacén. Os locais chaman á fábrica para facer os pedidos.

Ademais, ao finalizar a visita, tiveron o detalle de regalarnos unha bolsa con patacas e gusanitos quedando todos moi contentos e agradecidos co agasallo.

Remataron a mañá con dous paradas camiño ao colexio:

1ª- Visitando o monte de San Pedro, gran mirador da cidade, que representa un exemplo dunha ampla área de lecer recuperada para a cidade cun conxunto de construcións militares que supoñen un gran atractivo como refuxios subterráneos, barracóns para a tropa, garitas e, sobre todo, as espectaculares baterías de costa, recuperáronse cunha intención patrimonial, zona de xogos infantís, zona de meréndeo, un labirinto inglés confeccionado con plantas italianas, a Cúpula Atlántica que é o novo gran mirador panorámico da Coruña. (O 27 de decembro de 2010 o Alcalde da Coruña inaugurou este espazo, que combina as súas extraordinarias vistas de 360º cunha abundante información multimedia e interactiva) e hai tamén un estanque con patos entre outras cousas. 
Na 2ª pararon no Pavillón municipal cuberto de Betanzos onde participaron moi contentos en diferentes xogos dando, deste xeito, por finalizada a saída.

                                                                Fábrica.


Produtos.

.  


                                                          Labirinto Inglés.




                                                           Cúpula Atlántica.