domingo, 12 de mayo de 2013

II XORNADAS DE FORMACION E SENSIBILIZACION SOBRE A ATENCION A DIVERSIDADE

    En nome de tódolos mestres que asistimos a estas xornadas de formación , e en representación do noso Centro, quero transmitir o agradecemento e apoio á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ANPA Brigantium, ANPA O Carregal e Excmo. Concello de Betanzos pola súa iniciativa fermosa e valente ao levar a cabo esta formación aberta a toda a comunidade educativa.
      E cando digo fermosa e valente, refírome en primeiro lugar,  ao desexo de acadar unha comunidade educativa máis forte e unida, formada por pais, mestres, alumnos, avós... interesados en formarse e optimizar recursos  nun momento de crise en  tódolos  ámbitos. 
    Non queremos transmitir o medo,  a desconfianza , a inseguridade... queremos loitar polos nosos fillos, polos nosos alumnos... desexamos un mundo mellor para eles e para aqueles que están por chegar.
    É unha honra e un privilexio escoitar a persoas que comparten a súa experiencia para axudar e para motivar. Xente consciente e responsable que quere mellorar as cousas. Moitas grazas.