miércoles, 21 de noviembre de 2012

VIDEO-RESUMO DO MAGOSTO ´12

O pasado 16 de novembro celebramos o tradicional magosto no noso colexio e este curso contamos coa colaboración da ANPA e a experiencia de dous pais de alumnos que, como expertos castañeiros, dirixiron tan delicada operación e suaron a gota gorda.
O EDLG tamén quere agradecer o esforzo dunha parte do alumnado que se implicou dende os primeiros momentos nos preparativos da festa, aprovisionando de todo aquilo que facía falla (leña, carbón) elaborando os cucuruchos, dentando e repartindo as castañas... Esta celebración non sería posible sen as súas gañas de traballar, a boa convivencia e o estupendo ambiente de colaboración.

                          MOITAS GRAZAS A TODOS !!!!